Telefónica mellorará o seu ADSL e levará a fibra óptica a algúns fogares

martes, 13 de outubro do 2009 Marcus Fernández

César Alierta, presidente do grupo Telefónica, explicou durante a súa intervención no Día do Investidor que están a traballar no desenvolvemento de novas solucións de banda larga móbil, a mellora do ADSL e o espallamento selectivo de fibra óptica ata o fogar, coa intención de acadar os 320 millóns de clientes en 2012, o que suporía un crecemento anual do 6%.
Nestes momentos a operadora está a ultimar o lanzamento de ofertas de acceso á Internet a 100 Mbps, que xa levan un ano en probas en Madrid, e que pasarían á súa fase comercial en 2010, aínda que habería que ter en conta que Telefónica só estará obrigada a revender aos seus competidores as modalidades de ata 30 Mbps, polo que manterá unha forte posición no mercado español.

PUBLICIDADE