Telefónica levará o FTTH a Vigo en 2010

mércores, 9 de decembro do 2009

Dende a web ADSLzone.net desvelaron en primicia o listaxe de centrais ás que Telefónica pretende levar a tecnoloxía que permite levar a fibra óptica ata o fogar (FTTH) durante 2010, atopándose entre as mesmas a correspondente a Castro en Vigo, que actualizaría a súa tecnoloxía de banda larga o vindeiro mes de abril.
Esta tecnoloxía permitirá velocidades e servizos moi superiores aos que actualmente subministran a través de solucións xDSL.

PUBLICIDADE