SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Telefónica equipará a súa flota de vehículos con tecnoloxía móbil de seu

venres 10 de febreiro do 2012, por Raquel Noya | | Compartir | |

Telefónica España, que nos últimos anos dedícase a investir en tecnoloxía coa que ser máis produtiva e sustentable tanto no seu seo como no das empresas ás que da servizo, vai facer o propio coa súa flota de vehículos ( a meirande do Estado con máis de 4.000 vehículos), equipándoa coa solución de seu, Xestión de Flotas de Movistar, desenvolvida en colaboración con Masternaut.
Esta aplicación inclúe oito produtos distintos que, mediante a combinación de varios dispositivos localizadores GPS de vehículos e solucións software especialmente deseñadas para este fin, permiten coñecer a posición xeográfica do conxunto da flota.
Asemade, grazas a esta ferramenta, os usuarios conseguen asegurar o cumprimento das rutas, optimizan os horarios establecidos e dispoñen en todo momento de información precisa sobre a localización (en caso de roubos, por exemplo) doutros vehículos e de mercancías.
Con este sistema, o usuario dispón das máis avanzadas ferramentas de xestión de rutas que lle axudarán a optimizar os tempos de desprazamentos, de maneira que non só poden incrementar a súa produtividade, senón tamén a eficiencia no uso dos vehículos, coa consecuente redución de custes, carburante e contaminación.
Telefónica España anunciou que se vai encargar de realizar a xestión operativa completa, que inclúe a provisión, mantemento e reparación da súa extensa rede de comunicacións.
Todas as funcionalidades que ofrece a solución M2M de Xestión de Flotas de Movistar, reverterán, en palabras dos seus responsables, “nun mellor servizo prestado aos clientes, un aumento da seguridade dos condutores e unha redución de custes xerais asociados á flota”.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS