Telefónica bonifica aos clientes de Internet no móbil con descontos na renovación de terminal

luns, 22 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

En 2009 uns 153.000 abonados de Telefónica Móviles portaron a súa liña a outra compañía, e para evitar esta fuxida de clientes, veñen de anunciar unha nova promoción coa que, ao contratar tarifas planas de Internet móbil, poden facerse con distintos terminais de balde ou facerse cun importante desconto .
Deste xeito, os usuarios que queiran canxear o seus puntos por un novo terminal coa Tarifa Plana de Internet móvil Premium (de 25 euros/mes) obterán de xeito automático 80.000 puntos de regalo, co que poden, por exemplo, facerse cun Nokia X6 por 0 euros. De elixir unha tarifa de datos de 10 ou 15 euros/mes a bonificación sería de 30.000 puntos, o que permitiría conseguir de balde un Nokia 5230, un Samsung My Touch ou un Sony Ericsson W705.
Este tipo de oferta tamén pode aproveitarse para facerse con atractivos terminais coma o Motorola Dext, o Palm Pre, o Nokia 5800 ou o iPhone a un prezo reducido, de xeito que os clientes de Movistar non teñen que cambiar de operador para facerse cunha boa oferta.

PUBLICIDADE