Telefónica apoia ás empresas no uso da factura electrónica

luns, 24 de xaneiro do 2011 Raquel Noya

Co obxectivo de atender as dúbidas que se lle presenten aos pequenos e medianos empresarios do noso país sobre o uso da factura electrónica, unha tecnoloxía que cada vez está máis extendida no seo do noso contorno empresarial, Telefónica vén de poñer en marcha un centro especial de atención telefónica, que se activa a través do 902 11 15 16.
Chamando a este número, os empresarios e empresarias interesados no uso da e-Factura, recibirán información á súa medida sobre o funcionamento e implantación da mesma, así como a solucións ás dúbidas e problemas que plantexen.
Este proxecto enmárcase no Plan de Difusión da e-Factura, unha iniciativa da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI) posta en marcha por red.es, e dixirixa a adopción da factura electrónica en España, na que Telefónica colabora xunto a outros provedores.
Este centro de asesoramento telefónico e soporte especializado que xa está en funcionamento, está integrado por profesionais de Telefónica cunha ampla experiencia en factura electrónica, un servizo que posibilita a transmisión de facturas entre emisor e receptor a través de medios electrónicos (ficheiros informáticos) e telemáticos (dun ordenador a outro), asinados dixitalmente con certificados recoñecidos, e coa mesma validez legal que as facturas emitidas en papel.
Asemade, Telefónica e a SETSI, a través de red.es, crearon outras canles de información para as empresas, entre as que destaca a web www.efactura-telefonica.es, na que se atopa dispoñible toda a información sobre o sistema de e-Factura, dende os beneficios que aporta o seu uso ata a normativa ou vídeos demostrativos sobre o seu funcionamento e implantación.
No tocante ao manexo da factura electrónica, Telefónica adianta que “é doado e intuitivo e intégrase fácilmente con todos os sistemas informáticos das empresas”.

PUBLICIDADE