Teixo e Docuten impulsan a dixitalización de Ecolex

xoves, 7 de xaneiro do 2021 Redacción

Recuperaciones Ecolex, a empresa galega especializada na xestión integral de residuos industriais, deu un paso máis na súa dixitalización grazas á substitución da sinatura manual pola firma electrónica dunha gran maioría da súa documentación de residuos.
Por un lado, coa adopción da firma electrónica integrada na empresa galega Teixo e validada pola tamén galega Docuten, Ecolex poderá aforrar hasta un 80% dos custes respecto á firma tradicional de documentos. A empresa galega, que comezou o seu proceso de transformación dixital no 2012 a través da plataforma online Teixo e a súa aplicación móbil Teixo Loxísitica, xerou máis de 25.000 documentos normativos e aforrou máis de 40.000 euros por ano.
Co uso de Teixo e agora de Docuten, Ecolex leva 8 anos na vangarda da dixitalización do sector, un proceso que desde xuño de 2020 converteuse en obrigatorio coa entrada en vigor do Real Decreto 553/2020. Así, esta norma xurídica recolle que a documentación do traslado de refugallos deberá tramitarse por vía telemática de forma obrigatoria. Desta maneira, tódalas empresas do sector terán un ano dende esa fecha para adaptarse á situación, que co coa crise do COVID-19 se viu acelerada e impulsada polo Pacto Verde Europeo (Green Deal) da Comisión Europea.

PUBLICIDADE