Tecnoloxía desenvolvida en Gradiant facilita a localización de persoas en contornos complicados

martes, 20 de agosto do 2013 Redacción

LifeSeeker é unha ferramenta de busca de persoas en situacións de emerxencia que foi deseñada de forma conxunta pola empresa Centum, o centro tecnolóxico Gradiant, a Universidade de Vigo e a empresa Soc-e, e financiada a través dos fondos do subprograma INNPACTO do Ministerio de Economía.
O móbil da persoa no alto dunha montaña ou en metade do océano, pode converterse nunha radiobaliza que facilite a súa localización e que guíe os servizos de emerxencias ata a súa localización.
Segundo explica Jorge Muñoz, un dos responsables do proxecto por parte de Gradiant, “un sensor portátil de sinal de telefonía móbil, que pode funcionar como estación base”, ou sexa, que LifeSeeker pode ofrece servizos de voz e mensaxería curta mesmo en zonas onde non exista cobertura móbil, polo que os servicios de rescate poden coñecer en cada momento o estado no que se encontra a vítima.
Centum, que comercializa LifeSeeker, probouno con éxito a bordo dun dron (avión non tripulado) en Villanueva de Gállego, Zaragoza. Este tipo de naves que non precisan piloto, poden operar de noite, con visibilidade reducida ou baixo condicións meteorolóxicas que farían imposible calquera outro tipo de misión aérea reducindo os riscos que implicaría para a seguridade dos pilotos.

PUBLICIDADE