Tecnocom mercará Getronics Iberia

venres, 15 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Tecnocom, empresa que mercara en 2006 á galega Softgal, pagará agora entre 80 e 95 millóns de euros para adquirir Getronics Iberia dependendo a cantidade dos resultados operativos da compañía (que deberían acadar os 7,75 millóns de euros no primeiro trimestre do ano). O peche definitivo da operación de compravenda queda suxeito ás aprobacións pertinentes en materia de Defensa da Competencia.
Esta adquisición reforzará a posición de Tecnocom creando unha empresa resultante con 5.000 empregados (dos que 3.000 traballadores virían da filial ibérica de Getronics) e suporía uns ingresos para 2007 que poderían chegar ós 450 millóns de euros.

PUBLICIDADE