Tecnocom encargarase dos servizos de fío musical e marketing dinámico de On The Spot

mércores, 28 de novembro do 2012 Redacción

Telefónica On The Spot Services, empresa de Telefónica Digital, vén de elixir a Tecnocom como provedor para a externalización dos servizos de fío musical e marketing dinámico tras a celebración dun concurso ao que concorreron un total de 11 empresas. A oferta de Tecnocom está cifrada en pouco máis dun millón de euros.
Telefónica On The Spot Services ofrece un amplo catálogo de servizos deseñados para activar o punto de venda a través dunha plataforma tecnolóxica propia, que comezou desenvolvendo proxectos no terreo da música e que hoxe mellora a experiencia dos consumidores con todo tipo de servizos de comunicación dixital e de contidos audiovisuais, ferramentas de marketing pensadas para que as empresas poidan comunicarse de xeito efectivo cos seus clientes finais en todos os seus puntos de relación e cumprir os seus obxectivos de vendas, fidelización e vinculación cos seus clientes incrementando a rendibilidade. Actualmente está nun proceso de expansión internacional, tendo actualmente como obxectivo a implantación en Brasil e Arxentina.

PUBLICIDADE