Talentos Inclusivos achega as TIC á mocidade en beneficio dos afectados por parálise cerebral
venres, 24 de febreiro do 2023
Promover
a vocación TIC entre o alumnado de Secundaria e dar visibilidade á
discapacidade, neste caso á parálise cerebral, é a finalidade que
persegue a terceira edición do proxecto
Talentos Inclusivos, unha proposta na que traballan o centro de
ASPACE (Parálise
Cerebral) Coruña e o Centro
de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade
da Coruña (UDC), que conta co apoio do Consello Social da
Universidade, a FECYT, o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia.
Son
arredor de 200 estudantes de secundaria de dez centros de Galicia os
que participan na n ova andaina deste programa. Estamos a falar dos
colexios: Calasanz (A Coruña); o IES Rego da Trabe (Culleredo); IES
Terra de Trasancos (Narón), IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña),
IES Sofía Casanova e Saturnino Montojo (Ferrol) e o IES Miraflores
(Oleiros); quedando pendentes a realización destas
actividades de sensibilización en outros dous centros (IES As
Mariñas de Betanzos e o IES Ortigueira)-
No día de hoxe un deses colexios, Carmelitas de Ourense, visitaba a
propia sede de ASPACE, en Sada, descubrindo alí as barreiras ás que
se enfrontan a diario as persoas con parálise e tamén como a través
da tecnoloxía os propios alumnos e alumnas de 3º da ESO poden
contribuír a mellorar a súa calidade de vida.
A
coordinadora de ASPACE Coruña, Iria Robles, expuxo varias das
propostas que se tratarán nesta edición, como o desenvolvemento de
videoxogos clásicos para usar en terapias de rehabilitación e a
adaptación 3D de premedores do cabezal dunha cadeira de rodas. Amais
disto, cómpre dicir que as visitas presenciais aos centros
educativos volveron retomarse “despois de dous anos de restricións
debido á pandemia”.
Dende
ASPACE, Ricardo Iglesias Sanmartín, xerente da sede na Coruña,
díxolle ao alumnado: “temos que traballar para que as persoas con
parálise cerebral acaden a plena inclusión e unha maneira de facelo
é propoñendo retos que melloren o seu día a día. Pódovos
asegurar que cando chegue o mes de xuño a relación que tedes con
eles vai cambiar a vosa perspectiva e a vosa visión das persoas con
discapacidade”.