Tailandia quere bloquear o acceso a varios vídeos en YouTube

luns, 24 de setembro do 2007

O Goberno de Tailandia está a procurar o bloqueo de certos vídeos de YouTube nos que se acusa ó principal asesor da Coroa de organizar o golpe de Estado de 2006, polo que nestes momentos traballan en facerse cunha «orde xudicial para bloquear os vídeos destinados a causar confusión pública e ameazar a seguridade nacional» segundo comentaron dende a unidade de delitos en Internet do Ministerio de Xustiza.
Escríbese así un capítulo máis de censura da Rede en Tailandia, onde a retirada de vídeos de YouTube se está a converter en algo habitual, así coma o bloqueo doutros contidos que alí consideran molestos.

PUBLICIDADE