TVGorge permite ver de balde boa parte das series de televisión norteamericanas de éxito
luns 8 de febreiro do 2010, por |
Para os internautas
norteamericanos funciona dende hai bastante tempo, e con grande éxito, unha
plataforma de vídeo en liña chamada Hulu que permite acceder ás series de
televisión actuais tras a súa emisión, pero o servizo ten restricións
xeográficas de xeito que legalmente non podía accederse aos seus contidos dende
España, de aí que naza TVGorge, unha
plataforma moi semellante que ofrece
máis de 125 series de televisión en versión orixinal que poden verse
mediante streaming na web, sen
precisar dunha descarga previa das mesmas, o que agradará a moitos que non
queiran agardar a que cheguen ás canles de televisión españolas, aínda que por
desgraza non permiten ver os vídeo con subtítulos, o que dificulta o seu
seguimento por parte de usuarios que non teñan un bo nivel de inglés.
Heroes, Dexter, Mad Men, CSI, Perdidos
ou Anatomía de Grey son algunhas das
series que poden verse en TVGorge, servizo que asegura respectar os dereitos
de propiedade intelectual das obras, aínda que resulta bastante difícil de
crer, posto que resulta sorprendente que un novo axente do sector poida facer
algo dende os seus inicios que plataformas consolidadas aínda non foron quen de
abordar.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















