TVE fai uso de MySpace para salvar o Festival de Eurovisión

mércores, 23 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Televisión Española decidiu loitar contra o desinterese de cara ó Festival de Eurovisión revolucionando o sistema de selección do representante español no evento coa axuda de MySpace.
Así, os cantantes e grupos que desexen representar a España en Eurovisión deberán crear un perfil en MySpace, subir unha canción a xeito de proposta e enviar un vídeo-saúdo que sirva para presentar a súa candidatura antes do 10 de febreiro.
Entre o 11 e o 20 de febreiro se abrirá un período de votación na web española de Eurovisión en MySpace para elixir a 5 dos 10 finalistas desta convocatoria (os 5 restantes os seleccionará un xurado).
Os finalistas participarán nun programa en TVE o vindeiro 1 de marzo no que interpretarán os seus temas para que sexa o público quen seleccione ó representante de España en Belgrado.

PUBLICIDADE