TVE comeza a probar a alta definición

luns, 22 de xuño do 2009

Televisión Española leva tempo preparando o seu salto á alta definición, e a pasada semana deu un paso adiante iniciando as emisións en probas da canle TVE HD en Valladolid, emitindo na canle 32 con son 5.1.
Os contidos para esta canle prodúcense en Sant Cugat del Vallés, servindo así como unha boa proba do funcionamento da alta definición en TVE de cara ao futuro (estiman levar estas emisións a un nivel estatal para o ano que vén).

PUBLICIDADE