TRedess acudirá ao NAB Show como aposta polos mercados americanos

xoves, 9 de abril do 2015 Redacción

TRedess, a filial da corporación Televés especializada en solucións para a extensión de cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT), participará un ano máis no NAB Show, onde presentará como principal novidade a gama Fourth Series, unha nova xeración de transmisores e gap-fillers de ata 350 watts que foi optimizada en eficiencia enerxética, ao dotala de tecnoloxía Ultra-Wide-Band Doherty.
NAB Show é a principal cita do sector TV Broadcasting en América e desenvolverase na cidade estadounidense de Las Vegas entre o 13 e o 16 de abril. TRedess presentará os seus produtos no posto #SU12114, onde realizará demostracións en vivo do funcionamento dos equipos Fourth Series e os visitantes terán a oportunidade de probar as súas características avanzadas e o seu alto rendemento. Igualmente, no expositor mostrarase a Compact Series de TRedess, solución óptima para escenarios multicanles, que foi amplamente instalado polos principais operadores de redes TDT en todo o mundo.
Cun deseño avanzado para redes DVB-T/T2 e ISDB-T/Tb, os equipos Fourth Series xuntan flexibilidade, tamaño compacto e unha gran sinxeleza de instalación e operación, grazas á súa filosofía de deseño todo-en-un, con potencias de saída de ata 350 watts.
A aplicación de tecnoloxía Ultra-Wide-Band Doherty permite reducir significativamente o consumo enerxético dos transmisores de 350 watts, utilizando o mesmo hardware en toda a banda UHF e mantendo as súas altas prestacións e sinxeleza de manexo, tanto en operación coma en mantemento.
No deseño da Fourth Series, TRedess envorcou máis dunha década de experiencia como fabricante especialista en extensión de cobertura de redes TDT. Coa participación en NAB Show 2015, a firma aposta por posicionar o produto nos mercados americanos, algúns dos cales se achan inmersos en procesos de implantación da Televisión Dixital Terrestre. Actualmente, a filial de Televés conta con proxectos en países como España, Francia, Polonia, Hungría, Marrocos ou Vietnam, e ten máis de 14.000 equipos instalado en campo.

PUBLICIDADE