T-Mobile Pulse Mini: o móbil con Android a menos de 100 libras
martes, 23 de febreiro do 2010
O sistema operativo Android foi unha das grandes estrelas do Mobile World
Congress, e finalmente parece que esta plataforma non quedará limitada a
terminais móbiles de alta gama, e T-Mobile xa anuncia que vai vender no Reino Unido o seu Pulse Mini
por só 99,99 libras esterlinas (113,32 euros), e que serÃa una
versión reducida do T-Mobile Pulse,
que foi o primeiro móbil con Android vendido sen contrato no mundo.
O T-Mobile Pulse Mini é un móbil fabricado por Huawei que funciona co sistema
operativo Android 2.1 e conta con pantalla táctil de 2,8 polgadas, cámara de
3,2 MpÃxeles con flash LED, auriculares estándar e memoria baseada en tarxetas
de ata 16 Gb de capacidade.
Este móbil económico con Android
chegará ao mercado británico en abril, e agárdase que tamén poida adquirirse en
Alemaña, aÃnda que tampouco sorprenderÃa a súa comercialización noutros paÃses
coma España nos vindeiros meses, abrindo as posibilidades de Android ao grande
público.