Suspenden a canle de Trump en Twitch por discursos de odio

luns, 29 de xuño do 2020 Marcus Fernández

O pasado outono sorprendeu o feito de que Donald Trump estrease canle de Twitch, por ser unha plataforma principalmente empregada por público gamer, e na que a política non parece casar ben, o que vén de confirmarse coa suspensión da conta por violación das normas do servizo ao difundir discursos de odio. Estamos ante un bloqueo temporal da conta de Trump en Twitch, que confirma que a meirande parte das plataformas non son permisivas con certos comportamentos con independencia de quen estea detrás, contrastando coa dobre vara de medir que ten Facebook.
Na canle de Trump en Twitch atopábanse vídeos con discursos xenófobos contra mexicanos, aos que acusa de ser agresores sexuais e delincuentes empregando termos claramente racistas durante os seus mitins políticos. Algunhas das polémicas declaracións teñen incluso anos, pero o equipo de Trump compartiunas en Twitch hai pouco, de aí que chegue agora a primeira suspensión da conta que non se sabe aínda cando volverá á normalidade.

PUBLICIDADE