Steve Jobs podería terse sometido a un transplante de fígado

luns, 22 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Jobs nunha das presentación públicas do iPhone

Na última edición do WWDC na que presentouse o iPhone 3G S moitos agardaban a presenza de Steve Jobs, o que finalmente non puido ser, polo que o seu retorno á compañía en xuño aínda non se materializou, e agora o Wall Street Journal informa da causa: Jobs teríase sometido a un transplante de fígado hai dous meses en Tennesse.
Dende Apple continúan a asegurar que Jobs volverá ao traballo este mes, aínda que a credibilidade da voceira da compañía é máis que discutible, pois no que se refire á saúde do co-fundador da compañía xa a pillaron en varios renuncios, e queda claro que un transplante de fígado non é un tratamento «simple e sinxelo» para un desequilibrio hormonal.

PUBLICIDADE