Steve Jobs critica ao Flash e a Google, e comenta que o vindeiro iPhone será un produto moi actualizado
luns 1 de febreiro do 2010, por | |
| Compartir |
A revista Wired
publicou na súa páxina web unha serie de declaracións de Steve Jobs achegadas a
través dunha fonte confidencial non autorizada por Apple, nas que critica
a tecnoloxía Flash de Adobe e a filosofía de empresa de Google.
Sobre a ausencia da tecnoloxía Flash tanto no iPhone coma no iPad, Jobs asegura
que o Flash provoca demasiados problemas, e incluso chega a asegura que é o
causante de moitos dos colgues que
poden ter os Mac, de aí que entenda que moitos servizos web estean migrando a
HTML5 para librarse da tecnoloxía de Adobe.
Pero Google non se libra das críticas de Jobs, quen non dubida ao pensar que o mantra de «non sexades malos» que guiaba á compañía do buscador deixou de
aplicarse hai tempo, e agora están a tratar por todos os medios acabar co
iPhone.
As declaracións de Jobs tamén apuntarían a que a
vindeira actualización do iPhone sería un cambio moi importante no produto,
de xeito que Android e Google non terían xeito de pórse ao seu nivel, algo que
estará por ver, pero parece confirmar que a compañía de Cupertino non pode
permitirse unha nova actualización mínima do seu teléfono (lembremos que o
iPhone 3G e o iPhone 3GS incluso son idénticos exteriormente).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














