Steve Berkowitz auspicia que Yahoo! quedará marxinado da guerra pola publicidade na Rede

luns, 11 de decembro do 2006

Microsoft estima que o seu único competidor viable por facerse cunha posición dominante na web é Google, posto que ambas empresas serían as únicas coa capacidade financeira que lles permitiría loitar pola audiencia na Rede, mentres que Yahoo! quedaría marxinada na pugna pola publicidade en liña. Así, Steve Berkowitz, xefe do grupo de servizo on-line de Microsoft non dubida ó afirmar que é preciso contar co suficiente atractivo financeiro para achegar e reter á audiencia na web, polo que están a traballar para na potenciación dos seus servizos na Internet, que poderían aproveitar o éxito do seu servizo de correo electrónico e o seu sistema de mensaxería instantánea.

PUBLICIDADE