Spotify toma medidas contra a piratería da súa aplicación móbil

luns, 5 de marzo do 2018 Marcus Fernández

O pasado verán emerxeu na Rede unha versión modificada da aplicación para Android de Spotify alcumada Dogfood que eliminaba a publicidade para subscritores da versión de balde á vez que activaba características de pagamento como poder reproducir as cancións que se quixese e tamén poder solucionar a súa calidade, o que levou finalmente a que presentasen a reclamación pertinente para eliminar a Spotify Dogfood de Github (repositorio a través do que se distribuía con total impunidade).
Dado que o uso do servizo depende sempre da identificación dos usuarios resulta evidente que sempre hai risco de empregar aplicacións non oficiais, e neste caso os usuarios que optaran polo comportamento pirata están a recibir comunicacións por correo electrónico nas que advirten da detección de actividade anormal nas súas aplicacións, polo que as desactivaron para manter as contas de usuario seguras, instándoos a reinstalar a aplicación oficial de Spotify de Google Play. De detectaren reiteración no uso de aplicacións non autorizadas resérvanse o dereito de suspender ou eliminar as contas dos usuarios.

PUBLICIDADE