Spotify permite engadir cancións a listaxes de reprodución dende Messenger

mércores, 21 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Para facilitar a creación de listaxes de reprodución musicais cos amigos en encontros e festas, Spotify vén de presentar a súa nova funcionalidade: Group Playlists for Messenger. Esta nova prestación permite crear unha listaxe de reprodución grupal e compartila cos amigos e engadirlle cancións directamente dende a aplicación de Messenger empregando a extensión de Spotify Chat. Unha vez que un amigo crea unha lista de reprodución grupal, outros membros poden engadir cancións directamente premendo o botón azul cun símbolo de + xunto ao campo de escritura de mensaxes.
Este tipo de prestación busca facer máis social a escoita de música, contribuíndo a animar as sesións musicais cos amigos. Aínda que as listaxes musicais grupais son moi prácticas para festas, tamén poden entenderse como un xeito de descubrir nova música en círculos de amizadas.

PUBLICIDADE