Spotify organizará concertos virtuais
xoves, 20 de maio do 2021
Spotify
continúa a incorporar novidades para manter a atención sobre a súa plataforma
musical, entre as que destaca unha funcionalidade moi interesante que chegará nas
vindeiras semanas: a
transcrición automática de podcasts. Deste xeito, non só poderemos ler os
contidos sonoros dun podcast, senón que cando queiramos localizar un momento da
gravación sonora tamén poderemos facelo mirando á súa versión en texto, polo
que unha prestación pensada na accesibilidade convértese nunha utilidade moi práctica
para calquera.
Outro anuncio bastante rechamante por parte de Spotify é a programación dunha
serie de concertos virtuais que veñen a ser gravacións de actuacións en vivo que
emitiranse en directo. Estas retransmisións en directo buscan que os seareiros
poidan apoiar aos seus músicos favoritos acudindo virtualmente aos seus
concertos, para o que tamén terán que pasar
polo despacho de billetes virtual, pagando 16 euros por cada actuación. O
primeiro concerto será o de The Black Keys o 27 de maio, e nos seguintes xoves
actuarán Rag’n’ Bone Man, Bleachers, Leon Bridges e girl in red. Os
espectáculos durarán entre 40 e 75 minutos, e resultará sumamente interesante
comprobar se o público está disposto a pagar por escoitar concertos gravados nun
contexto no que acudir aos espectáculos presenciais multitudinarios non é
posible.