Spotify denuncia as prácticas de Apple contra a competencia
mércores, 13 de marzo do 2019
- A intermediación de Apple nos pagamentos é un dos grandes problemas que denuncia Spotify, xa que afecta directamente aos consumidores
As comisións que cobra Apple pola compra de aplicacións na
App Store considerábanse relativamente xustas, pero cando falamos de subscricións
a servizos non parecen tan xustificadas, ou tal pensan dende Spotify, compañÃa
que tras anos de negociacións infrutuosas coa compañÃa de Cupertino decidiu
tomar medidas drásticas e denunciou
ante os organismos de competencia da Comisión Europea as prácticas de Apple,
á vez que estrearon unha páxina web
para informar aos consumidores do que consideran que é un xogo sucio por
parte da compañÃa da mazá.
O feito de que Apple cobre a Spotify unha comisión do 30% nas compras dentro da
aplicación sitúa ao servizo musical nunha posición de clara desvantaxe, xa que
teñen que incrementar o prezo para compensar tal taxa, de xeito que para o
usuario final son máis caros que Apple Music, o que claramente atenta á
competencia. Existe a posibilidade de non empregar o sistema de pagamento da
App Store para evitar tal comisión, pero nese caso Apple impón unhas normas que
dificultan a comunicación co consumidor (e a aplicación de promocións).
Que Apple sexa propietaria de iOS, da App Store e dun servizo que compite con
Spotify é unha combinación que sitúa á compañÃa nunha posición de dominio que
non deberÃa permitirse, e segundo Spotify vai máis aló das condicións
económicas, xa que aseguran que Apple veta a Spotify e a outros de servizos
como Siri e dispositivos como o HomePod ou o Apple Watch, dando unha vantaxe
artificial a Apple Music.
As prácticas de Apple semellan ir contra os intereses de Spotify e dos
consumidores, ao alterar a competencia, e non é até agora que sabemos realmente
dos conflitos que houbo entre
ambas compañÃas ao longo do tempo, con Apple rexeitando constantemente as
melloras da aplicación de Spotify para iOS, restrinxindo as fórmulas de
pagamento e a súa publicidade, negándose ao longo de 3 anos a que Spotify
chegase ao Apple Watch (pese á demanda por parte dos usuarios) e incluso realizando
prácticas promocionais para Apple Music con accións prohibidas a terceiros.
VÃdeo no que Spotify explica algúns dos problemas que teñen coas prácticas anti-competitivas de Apple