Sorprenden actualizando os efectos especiais de Cats tras a súa estrea en cines
luns, 23 de decembro do 2019
Este Nadal chega aos cines españois o filme Cats,
adaptación á pantalla grande do clásico musical, que desta volta en vez de
apostar por disfraces e maquillaxe tirou de imaxes xeradas por ordenador sobre
as que incrustar as faces dos intérpretes, cun resultado moi discutible, o que valeulle
á produción unhas moi
malas crÃticas, e a reacción foi algo sen precedentes, xa que hai
salas de exhibición cinematográfica que están a recibir novas copias da
pelÃcula con «algunhas melloras en efectos visuais».
Esta produción cun orzamento dos 100 millóns de dólares semella que
distribuÃuse nunha versión que poderiamos considerar sen rematar, para
cumprir coa data de lanzamento comprometida (a Âpremiere norteamericana foi
o pasado dÃa 16, chegando a salas comerciais o dÃa 20), para entregar logo aos
exhibidores unha versión actualizada da obra, dispoñible dende a pasada noite
vÃa satélite e a partires do martes en disco duro, descoñecéndose se a copia
que chegará a España será xa a actualizada.
O curioso da actualización é que esta práctica non ten precedentes no mundo do
cine, senón que é propia do sector dos videoxogos, nos que os parches do dÃa
1 convertéronse nalgo especialmente molesto, xa que indica que as compañÃas
distribúen xogos con grandes fallos sen corrixir, de xeito que a copia fÃsica
non se corresponde co produto final, sendo preciso ás veces varias
actualizacións para poder gozar do xogo en condicións dignas. Se esta tendencia
se traslada ao mundo do cine pode ser todo un problema, principalmente por poder
ensombrecer as estreas.