Sony volve a perdas pese ás boas vendas de PS4 e móbiles
mércores, 14 de maio do 2014
A compañÃa nipoa Sony non está a pasar por un bo momento,
segundo pode verse nos resultados
financeiros que vén de publicar, nos que fai balance do ano fiscal que
rematou o pasado 31 de marzo, e no que rexistrou unhas perdas netas de 128.400
millóns de iens (918,59 millóns de euros), de xeito que non foi capaz de manter
os bos resultados do ano anterior (que fora a primeira vez nun lustro no que
Sony non rexistrara perdas para os seus accionistas).
Estes resultados contrastan cun incremento de vendas interanual do 14,3%, grazas
en boa medida a unha recuperación de posicións no mercado dos smartphones (con
dispositivos como o Xperia Z e Z1, que conseguiron unha boa aceptación por
parte do público) e cunhas impresionantes vendas da PlayStation 4 (que, en
contraste coa anterior xeración de consolas na que Microsoft asestoulles un
duro golpe, desta volta van dominando grazas a un prezo agresivo).
A área de negocio que parece estar lastrando os resultados serÃa a dos
ordenadores VAIO, ao que haberÃa que sumar os gastos por reestruturación da
compañÃa, que introduciu varios cambios drásticos para adaptarse aos cambios de
hábitos de consumo (cunha importante contracción do mercado dos contidos en
soportes fÃsicos).
Entre as apostas de Sony para mellorar os seus resultados está a produción de
televisores de ultra alta definición, que están a incrementar considerablemente
as súas vendas pese aos seus elevados prezos e á ausencia case absoluta de
contidos.