Sony teme que os portátiles de baixo custo supoñan unha ameaza para a innovación tecnolóxica

xoves, 28 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Mike Abary, da división norteamericana de SonyUn dos responsables de Sony, Mike Abary, falou durante unha entrevista sobre o éxito dos Eee PC de Asus, destacando que este tipo de ordenadores de baixo custo poden ter unhas graves repercusións no sector tecnolóxico, pois crear unha carreira por levar os prezos ó mínimo en vez de coidar as prestacións.
O éxito dos equipos de baixo custo auspiciado para 2008 podería ser un grande freo para a innovación, xa que moitas empresas se centrarán en reducir tamaño e custos en vez de procurar novos avances nos seus equipos.
De tódolos xeitos, os equipos coma o Eee PC non deberían supor unha ameaza ós ordenadores completos, pois estarían máis orientados a cativos, como unha opción educativa interesante para achegar ás TIC ás escolas.

PUBLICIDADE