Sony presenta unha nova pantalla enrolable

mércores, 26 de maio do 2010 Marcus Fernández

Coa chegada ao mercado da tecnoloxía de papel electrónico moitos fabricantes prometían que en breve veriamos pantallas flexibles que permitirían integrar grandes pantallas enrolables en dispositivos de pequeno tamaño coma teléfonos móbiles, de xeito que poderían transformarse en dispositivos de lectura compactos e versátiles, e unha das compañías que está a achegarse a tal obxectivo é Sony, que vén de amosar unha pantalla OLED de 4,1 polgadas que pode recollerse ao redor dun cilindro cun radio de 4 milímetros, un espesor de 80 micras e que conta cunha resolución de 432 x 240 píxeles (121 puntos por polgada), 16 millóns de cores, 100 cd/m2 e unha relación de contraste de 1.000:1.
As posibilidades desta nova tecnoloxía son moi amplas, e para que poidamos facernos unha mellor idea do que é posible grazas a estas pantallas flexibles, publican o seguinte vídeo de demostración:

PUBLICIDADE