Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Sony presenta novas cámaras de vídeo con GPS integrado

mércores 8 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Sony está a renovar a súa oferta de cámaras de vídeo de alta definición da serie Handycam, polo que presenta os modelos HDR-CX500V e HDR-CX520V, que funcionan co mesmo sensor de 12 Mpíxeles e que contan con 32 e 64 Gb de memoria Flash respectivamente, o que permitiría gravar ata 25 horas de vídeo en alta definición en modo LP.
Pero estas cámaras non teñen só unha boa definición para tomar fotografías dixitais, senón que tamén incorporan tecnoloxías coma o recoñecemento facial (empregado para optimizar o enfoque e a configuración automática de cor e brillo cunha referencia concreta seleccionada na súa pantalla táctil), saída de vídeo a 60p (para poder ver as gravacións con calidade en televisores de alta definición), tecnoloxía de estabilización de imaxe Optical SteadyShot (que funciona en 3 eixos), receptor GPS integrado (que permite a xeolocalización de vídeos e fotografías) e incluso incorpora unha nova tecnoloxía que converte de AVCHD a MPEG-2 para poder crear películas en DVD en conxunción cunha gravadora especial, sen contar cun PC como axuda no proceso.
Aparte da memoria interna, estas cámaras tamén poden gravar en tarxetas Memory Stick PRO-HG Duo HX, que estarán dispoñibles en capacidades de 16 e 32 Gb, saíndo tanto estas como as novas cámaras de Sony no mes de setembro. O prezo dos modelos HDR-CX500V e HDR-CX520V nos EE.UU. será de 1.100 e 1.300 dólares respectivamente (792,49 e 936,58 euros).

JPEG - 361.1 KB
As novas cámaras de Sony incorporan pantalla táctil na que podemos seleccionar distintas opcións para optimizar as imaxes captadas.
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS