Sony faise coa totalidade de Sony Ericsson

xoves, 27 de outubro do 2011 Marcus Fernández

O 1 de outubro de 2001 Sony emprendeu unha aventura conxunta con Ericsson no mercado móbil, o que permitiu que os terminais de Ericsson sumasen marcas como Walkman e Cyber-shot, dando lugar a varios móbiles de grande aceptación comercial, pero esta joint venture está a chegar á súa fin, xa que Sony vén de anunciar que vai pagar 1.050 millóns de euros a Ericsson pola metade da compañía, de xeito que integrase totalmente nas liñas de produtos de electrónica de consumo de Sony, á vez que supón a adquisición de varias patentes de grande peso.
Esta operación permitirá a Sony axilizar a integración dos seus smartphones con outros produtos de electrónica de consumo conectados, como tablets, televisores e ordenadores, ou incluso fortalecer a súa integración coa PlayStation Network.
Agárdase que a operación sexa efectiva en xaneiro de 2012, pois é preciso que reciba a aprobación polos órganos de dirección de ambas compañías e das autoridades que regulan a competencia.

PUBLICIDADE