Sony e Microsoft colaborarán en experiencias de xogo baseadas na nube

xoves, 16 de maio do 2019 Marcus Fernández

Aínda que nas consolas de videoxogos domésticas vemos unha forte rivalidade entre PlayStation e Xbox iso non impida que Sony e Microsoft colaboren e, de feito, ambas compañías veñen de pechar un acordo para avanzar xuntos en innovacións que melloren as experiencias de lecer de cara aos consumidores, así como solucións de intelixencia artificial.
Deste xeito temos que Microsoft Azure será a plataforma que ambas compañías empregarán para desenvolver os seus servizos de streaming de contidos e xogos. Pero a colaboración non quedará aí, e tamén explorarán colaboracións no ámbito dos semicondutores e da intelixencia artificial. Así, a tecnoloxía de intelixencia artificial de Azure poderá integrarse cos sensores de imaxe de Sony, o que podería facilitar certos desenvolvementos para clientes corporativos.

PUBLICIDADE