Sony di adeus a Ericsson coa gama de móbiles Xperia NXT
luns, 9 de xaneiro do 2012
O proxecto conxunto Sony Ericsson chega á súa fin, e este
fin de ciclo queda marcado polo lanzamento da nova familia de móbiles Xperia
NXT, que distinguirase por elementos como unha franxa transparente para
notificacións na parte inferior do teléfono que servirá para destacar a
pantalla e que tamén albergará a antena do terminal.
Un
dos móbiles desta nova serie será o Sony Xperia S, que cun procesador
MSM8260 de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM e 32 Gb de almacenamento interno
será un dos dispositivos máis completos do mercado, comercializándose
inicialmente este mesmo trimestre con Android 2.3 actualizándose a Android 4.0 no segundo
trimestre do ano.
Este smartphone terá pantalla de 4,3
polgadas cunha resolución de 720 x 1.280 pÃxeles (con Mobile BRAVIA Engine),
cámaras de 12 e 1,3 MpÃxeles (capaces de gravar vÃdeo a 1.080p e 720p
respectivamente), HDMI, NFC, baterÃa de 1.750 mAh, unhas medidas de 128 x 64 x
10,6 milÃmetros e un peso de 144 gramos. Venderase en negro e prata.
Para acompañar a este móbil tamén teremos o Sony
Xperia Ion, que será o primeiro smartphone
de Sony con LTE que coincidirá en prestacións co Xperia S agás por ter unha
pantalla de maior tamaño (4,6 polgadas) e a metade de almacenamento interno (16
Gb). Chegará ao mercado no segundo trimestre de 2012.
En primavera tamén está previsto que cheguen ao mercado xaponés os móbiles Xperia NX e Xperia acro HD.
Presentación do Xperia S
Demostración do Xperia Ion