Sony achega os vídeos de YouTube aos televisores Bravia

venres, 6 de xuño do 2008

A vindeira semana Sony comezará a comercializar o Internet Video Link, un accesorio para os televisores Bravia que permite achegar contidos da Internet ao televisor do salón, permitindo así ver directamente os vídeos de YouTube, así como unha variedade de contidos adaptados a este trebello (como novas de Yahoo!, AOL, Sports Illustrated, Style e outros medios) que por desgraza se vende ao prohibitivo prezo de 299,99 dólares.
O dispositivo inclúe un porto Ethernet e entrada/saída HDMI (para facer pass-thru no caso de ter só un porto HDMI no televisor).

PUBLICIDADE