Sony Ericsson colabora cos desenvolvedores de ROM alternativas para os seus móbiles Xperia
luns, 3 de outubro do 2011
- Karl-Johan Dahlström cun móbil de Sony Ericsson cunha ROM personalizada
AÃnda que moitos
fabricantes de móbiles con Android están a demorar excesivamente as
actualizacións do sistema operativo de Google para os seus terminais, existen
desenvolvedores independentes que fan as pertinentes adaptacións para poder
gozar dunha experiencia de uso ao dÃa e máis personalizada. Dende Sony Ericsson
parecen ser conscientes do valor que supón contar con ROM personalizadas para
os seus terminais e recoñecen o valor das mesmas dentro do ecosistema Android,
polo que decidiron
axudar a un grupo de desenvolvedores chamado FreeXperia para crear ROM
baseadas en CyanogenMod para os últimos móbiles Xperia.
Nesta liña Sony Ericsson xa distribuÃu hai uns meses unha solución para
desbloquear o boot loader dos seus
móbiles con Android para permitir a instalación de ROM non oficiais, aÃnda que
dende a compañÃa insistente en que tal práctica deberÃa limitarse a usuarios
experimentados, xa que Sony Ericsson non pode garantir o correcto funcionamento
dos seus móbiles con software alleo ao seu control.
De todos os xeitos, que Sony Ericsson non poña atrancos ao desenvolvemento para
os seus terminais é unha grande nova para os seus usuarios, pois garante tanto
unha maior dispoñibilidade de software como unha vida máis longa para os
móbiles Xperia, pois unha vez que o fabricante deixe de soportalos, os
desenvolvedores independentes poden seguir distribuÃndo actualizacións
retrasando a súa obsolescencia.