SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Solución para ver pixelados os vellos videoxogos

martes 19 de abril do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os afeccionados aos xogos retro e aos seus emuladores non están moi contentos cos televisores modernos, que incorporan numerosos filtros para evitar a aparencia pixelada das súas imaxes, que curiosamente é o que se busca ao gozar de vellos títulos, de aí que varias persoas se unisen para desenvolver o SLG 3000, unha placa de circuítos que podemos conectar entre a nosa consola de videoxogos e o televisor creando scanlines artificiais, de xeito que un moderno televisor en alta definición amosará píxeles coma puños na súa pantalla, coma se estivésemos ante un vello televisor de tubo.
O SLG 3000 pode mercarse sen carcasa por 48,95 euros (66 euros con carcasa), e permite realizar distintos axustes para conseguir unha boa visualización con distintos sinais achegados por VGA con resolucións de entre 640 x 480 e 1.600 x 1.200 píxeles.

JPEG - 38.5 KB
Comparación entre a imaxe amosada nun televisor actual e co uso do SLG 3000
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS