Solidariedade na Rede cos traballadores de Atento na Coruña

venres, 16 de marzo do 2007 Fernando Sarasketa

Diciámolo onte: o colectivo de traballadores da empresa Atento na Coruña apoiado pola Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing estaban a preparar novas mobilizacións en apoio dos compañeiros (179) despedidos estes días da sede galega desta firma filial de Telefónica que achega (entre outros) servizos de información ó cliente. A concentración de onte foi pola mañá, na rúa Juan Flórez, e rematou do peor xeito posible, tal e como se pode ver neste video pendurado en YouTube: con brutais cargas policiais contra traballadores que estaban a ser solidarios cos seus compañeiros.
Poderemos ver máis información sobre os feitos no blog do colectivo, www.deslocalizacion.com (onde tamén se está a dar conta de tódolos apoios recibidos estes días), no servizo de novas Chuza!, en GZnación, na web da Confederación Intersindical Galega, en Kaos en la Red ou nos blogs galegos A Lareira e Días Estranhos.

PUBLICIDADE