Softwhisper organiza unha sesión de introdución á meta-programación

mércores, 9 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Dentro das xornadas Coruña Web & Mobile Devs Meetup mañá na sede de Softwhisper en Oleiros, desenvolverase un encontro no que introducirase aos desenvolvedores asistentes na meta-programación, ou sexa, na “capacidade dun programa de crear novo código ou comportamento en tempo de execución”, para o que recomendan seguir uns principios de configuración baixo convención, principalmente, de nomes.
Na xornada verase como é meta programar en Ruby a nivel medio e trataranse exemplos con Java e Swift, buscando que a sesión resulte principalmente construtiva.

PUBLICIDADE