SoftwareONE abre en Galicia un hub de application services

mércores, 10 de novembro do 2021 Redacción

Esta mañá SoftwareONE inaugurou un novo centro de aplicacións en Santiago de Compostela (un dos dous novos centros de servizos para toda Europa que trouxo a España), o que o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, considerou que, no actual contexto de transformación dixital, é moi positivo que Galicia ao reflectir a confianza de empresas líderes no sector TIC como é SoftwareONE.
O que se pon en marcha na capital de Galicia suporá a creación dun cento de postos de traballo cualificado nunha das áreas máis innovadoras do sector TIC, que son as aplicacións na nube. Segundo Conde, é, ademais, un proxecto co que Galicia sae gañando pola dobre aposta que esta empresa fai pola formación e o talento. Non en van, o 40% do seu cadro de persoal vai estar integrado por mozos sen experiencia laboral previa e nas súas instalacións disporá, tamén, dunha academia de software para fomentar talentos técnicos e apoiar as principais áreas de desenvolvemento da compañía.
O vicepresidente económico apuntou que, coa proliferación de servizos na nube, SoftwareONE converteuse en socio principal dos fabricantes de software máis importantes a nivel internacional. Con presenza en máis de 90 países, está enfocada a axudar as empresas no seu proceso de transformación tecnolóxica con servizos cloud para a administración de arquivos, a contabilidade ou a xestión de recursos humanos, entre outros.

PUBLICIDADE