Snow Leopard chega á versión 10.6.2

martes, 10 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Apple lanzou nas últimas horas unha nova actualización do seu sistema operativo, que chega así á versión 10.6.2, máis estable, compatible e segura, solucionando problemas detectados coma o peche de sesións inesperados, unha distorsión gráfica en Top Sites de Safari, a exclusión dos contactos de Exchange nos resultados de busca en Spotlight, problemas ao utilizar servidores de arquivos WebDAV e NTFS, dificultades ao recoñecer xestos con 4 dedos, peches inesperados no Mail ao configurar un servidor Exchange, bloqueo da Axenda no modo de edición, dificultades para abrir ficheiros descargados da Internet ou a eliminación de datos ao usar unha conta de convidado.
Tamén mellora a fiabilidade de iWork, iLife, Aperture, Final Cut Studio, Mobile Me e iDisk, soluciónanse problemas coas fontes e os gráficos, increméntase a compatibilidade con servidores de AFP doutros fabricantes, etc. Aínda que hai unha característica que está a dar moito que falar en distintos blogs, como é a perda de soporte para procesadores Intel Atom, o que parece unha medida dirixida a dificultar a instalación de Snow Leopard en equipos non fabricados por Apple, coma ordenadores ultraportátiles de baixo custo (nos que o Mac OS X ten unha importante presenza).

PUBLICIDADE