Snapchat estrea lentes para cans

xoves, 27 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Aínda que Snapchat perdeu moito pulo no último ano, principalmente por culpa de Instagram, que soubo clonar con grande acerto as súas historias, unha das características fundamentais da aplicación, os filtros e lentes, continúan a avanzar, de desta volta sorprenden cunha novidade que de seguro que vai ter moito éxito nas vindeiras semanas: a posibilidade de aplicar os seus efectos a cans.
Temos así que Snapchat non só permite engadir elementos virtuais a fotografías e vídeos de caras humanas, senón que tamén recoñece aos cadelos, abrindo así a porta a unha chea de contidos graciosos que sen dúbida veremos moito estes días tanto en Snapchat como noutras plataformas sociais.

Vídeo promocional das lentes para cans en Snapchat

PUBLICIDADE