SmartPeme achega nesta recta final de novembro catro novo obradoiros de transformación

luns, 22 de novembro do 2021 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través da iniciativa de transformación SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online. As accións versarán sobre a fabricación dixital de impresións, ferramentas tecnolóxicas, fotografía para xoiería e a utilización da rede social Pinterest para comercio electrónico.
En concreto, este martes 23 impartirase o obradoiro Fabricación dixital, Laminator resina preparación de impresións. Estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en robótica, quen acercará aos usuarios as tecnoloxías implicadas un proceso de fabricación dixital, tanto a nivel teórico como práctico.
Na mañá do mércores 24 será a quenda de Ferramentas dixitais para restauración e hostalería a cargo de Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas, quen falará da importancia do emprego destas ferramentas no eido dixital como aliado para a impulsa do sector.
Pola tarde, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, falará de Fotografía para xoiería, obradoiro centrado na importancia de rexistrar co máximo detalle este produto que debe ser tratado con mimo e coidado.
O xoves 25, Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, falará de Pinterest para E-Commerce, explicando como sacar o maior partido a esta ferramenta e como ser un comerciante verificado por Pinterest.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme no apartado de cada evento. Tamén é posíbel facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

PUBLICIDADE