SmartPEME pon a disposición dos profesionais de toda Pontevedra 46 obradoiros TIC

xoves, 7 de febreiro do 2019 Fernando Sarasketa

SmartPEME, o programa de capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, achega en febreiro novas actividades dirixidas a facilitar a dixitalización e a competitividade. Estamos a falar de 46 accións formativas a desenvolver nas oficinas de SmartPEME en Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro. As inscricións nos devanditos obradoiros pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
As oficinas de Vigo, Ponteareas e Porriño acollerán en conxunto 21 cursos; a sede da Deputación en Pontevedra achegará un total de sete; o Centro ExpoSalnés de Cambados tamén sete; o viveiro de empresas Lalín 2000 contribuirá con sete máis, e o viveiro de empresas de Barro con outros catro.
Vigo
As quendas para o mes de febreiro na oficina de Vigo comezaron este martes, 5 de febreiro con Que é a publicidade nativa e porque debería empregala. A seguinte acción será Pasarelas de pago para o comercio electrónico, o martes 12, tamén ás 19 horas. O curso Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet chegará a Vigo o xoves 14 ás 18 horas. O martes 19, ás 19 horas, impartirase Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console. O xoves desa mesma semana á mesma hora será a quenda de Fotografía os teus produtos e servizos para as redes sociais. A quenda de As vantaxes de Instagram para a promoción de establecementos turísticos chegará o martes 26 de febreiro ás 17 horas. E, para rematar, Emprego de 3D en vídeos corporativos ou promocionais terá lugar o xoves 28 ás 19 horas. A oficina SmartPEME de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.
Ponteareas
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: Google Calendar, moito máis que unha axenda, o martes 5 de febreiro, ás 19 horas. O xoves 7, ás 17 horas, terá lugar Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos. O martes da seguinte semana, ás 18 horas, impartirase Crea unha páxina profesional con WordPress. A seguinte será Como promocionar o teu propio evento en redes sociais, o xoves 14 ás 19 horas. A quenda de Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero será o martes 19 de febreiro, ás 19 horas. Por outra banda, o xoves desa mesma semana á mesma hora, terá lugar o obradoiro Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas. E, xa por último, o xoves 28, tamén ás 19 horas, Plugins de WordPress para mellorar a túa web será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
Porriño
Polo que respecta á sede do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: iníciase o xoves 7 de febreiro, ás 19 horas, co curso Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console. Logo, Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos chegará o martes 12 ás 17 horas. O xoves desa mesma semana, ás 19 horas, impartirase Crea e deseña a identidade da túa empresa desde cero. A acción Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet terá lugar o martes 19 ás 18 horas. O xoves 21 de febreiro, ás 19 horas, chega Chatbots: A automatización da atención á clientela. O martes 26, tamén ás 19 horas, impartirase o curso Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais. E, por último, o xoves desa mesma semana, ás 19 horas, terá lugar Como promocionar o teu propio evento en redes sociais. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira.
Pontevedra
O primeiro dos cursos foi Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña, que se desenvolveu este martes 5 de febreiro. O seguinte será o xoves desa mesma semana, cando a partir das 19.00 h terá lugar o obradoiro Fotografía os teus produtos e servizos para as redes sociais. O terceiro curso será Que é a publicidade nativa e porque debería empregala?, que terá lugar o martes 12 de febreiro ás 19.00 h. Esa mesma semana, Pontevedra acollerá Pasarelas de pago para o comercio electrónico, o xoves 14 de febreiro á mesma hora. O obradoiro Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais, chega o xoves 21, tamén ás 19.00 horas. Por último, o martes 26 de febreiro, ás 18.00 h, terá lugar o curso Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics e o xoves 28 de febreiro, ás 19.00 horas, Coñece as tendencias en economía dixital: Deseño 3D e robótica. A oficina SmartPEME de Pontevedra, no edificio administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos.
Lalín
A primeira cita do mes na oficina de Lalín tivo lugar este martes 5 de febreiro, en concreto o curso Social Media Listening: o que se din do teu negocio no Internet. A segunda cita será esa mesma semana, o 7 de febreiro, cando a partir das 19.00 h celebrarase Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console. O martes 12 de febreiro, ás 19.00 h, terá lugar en Lalín o curso Fotografía de produto: todo o que debes saber e o xoves 14, á mesma hora Accións de marketing en Linkedin para empresas e autónomos. O seguinte obradoiro será Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics, que se desenvolve o martes 19 de febreiro ás 18.00h. A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
Cambados
O primeiro dos obradoiros foi Mide os teus obxectivos nas redes sociais: Análise de estatísticas, e celebrouse este martes día 5. O seguinte será o xoves desa mesma semana, cando a partir das 18.00h terá lugar o curso Crea unha páxina profesional con WordPress. O terceiro curso será Plugins de WordPress para mellorar a túa web, que terá lugar o martes 12 de febreiro ás 19.00h. Esa mesma semana, Cambados acollerá Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos, o xoves 14 de febreiro ás 17.00h. O obradoiro Que é a publicidade nativa e por que debería empregala?, chega o xoves 21 ás 19.00h. Por último, o martes 26 de febreiro, ás 19.00h, terá lugar o curso Fotografía de produto: todo o que debes saber e o xoves 28 de febreiro, á mesma hora, Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais. A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.
Barro-Meis
A primeira cita foi o martes desta semana, Programación con Arduino IV. A segunda acción, Bases da robótica – Robótica I impartirase o xoves, 7 de febreiro, ás 17:00h. Pola súa banda, Iniciación á impresión 3D impartirase o xoves 14 de febreiro ás 18:00 horas. E, por último, o xoves 21 de febreiro, ás 17.00h, terá lugar o curso Programación dunha mano mecatrónica – Robótica II. A oficina SmartPEME de Barro atópase no viveiro de empresas do polígono local.
Datos sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo, A Estrada e Barro, abrangue as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

PUBLICIDADE