SmartPEME organiza dous obradoiros sobre ciberseguridade e Airbnb

luns, 12 de febreiro do 2024 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e AirBNB.
As accións formativas inícianse este luns, 12 de febreiro, ás 10.30 horas, con Ciberseguridade, uso da VPN. O obxectivo deste obradoiro é o de fomentar o uso das VPN. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire.
O xoves 15, de 11.00 a 12.00 horas, celebrarase o obradoiro Airbnb: comercialización en liña de aloxamentos e experiencias, unha sesión adicada a persoas emprendedoras, autónomas e as empresas do sector turístico para axudalas a converterse en anfitrioas de aloxamentos e actividades. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas.

PUBLICIDADE