SmartPEME móstranos con tres novos obradoiros como tirar proveito das TIC para promover a nosa empresa

luns, 22 de marzo do 2021 Redacción

O programa SmartPEME da Deputación de Pontevedra, servizo impulsado para dotar de coñecementos tecnolóxicos avanzados ás persoas autónomas e as pequenas e medianas empresas de todas as comarcas pontevedresas, enfía esta recta final de marzo con tres novos obradoiros. Son tres cursos online sobre como transmitir un evento en liña en streaming e de xeito profesional e como mostrar e impulsar o noso negocio en Google.
En concreto, este martes 23 impartirase o obradoiro Como transmitir o teu evento en liña de xeito profesional III – A túa imaxe en Streaming, estarán a cargo, como noutros obradoiros, de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos artísticos de Deseño Gráfico.
O mércores 24, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, impartirá Promociona o teu emprego con Google My Business, obradoiro que ten a finalidade dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.
Para finalizar a semana, o xoves 25, falarase de Como transmitir o teu evento en liña de xeito profesional IV, onde Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, explicará as bondades dunha boa comunicación online e como mellorar os eventos en liña cos clientes.

PUBLICIDADE