SmartPEME móstranos como editar vÃdeos con Canva e como tirar proveito da mercadotecnia en liña
luns, 10 de xaneiro do 2022
A
Deputación de Pontevedra, a través da iniciativa de capacitación
tecnolóxica SmartPEME
(programa para favorecer o uso das tecnoloxÃas entre as pequenas
medianas empresas e as persoas autónomas do ámbito provincial),
comeza o ano con tres
novas accións formativas impartidas de xeito online e
programadas para esta segunda semana de xaneiro.
As actividades previstas tratarán temas como a mercadotecnia
dixital ao servizo do impulso turÃstico, a edición de vÃdeo con
Canva ou a venta de produtos nun punto de venda en liña
(marketplace).
O
martes 11 será Sonia Torres, con posgrao en Xestión e Dirección de
Empresas TurÃsticas, quen imparta un obradoiro sobre Técnicas de
marketing para a promoción de tours, experiencias e
actividades dirixido a empresas turÃsticas que ofrezan servizos
de ocio e entretemento.
Ao
dÃa seguinte, o mércores 12, SmartPEME ofrecerá o obradoiro
Edición de vÃdeo básica: a nova función de Canva, da man
de Laura Taboada, titulada superior en Ensinos ArtÃsticos de Deseño
Gráfico.
Será
o xoves 13 cando MarÃa Aller, con posgrao en Comunicación
Corporativa, explique Como vender os teus produtos nun
marketplace, sitios web nos que as persoas compradoras e as
vendedoras poden relacionarse para levar a cabo transaccións
comerciais.
As
persoas interesadas poden inscribirse a través do
sitio web de SmartPEME no apartado de cada evento. Tamén é
posÃbel facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es
ou no teléfono 886 202 020.