SmartPEME achega outros cinco obradoiros tecnolóxicos en liña
luns, 16 de novembro do 2020
Prosegue
este mes de novembro a actividade da rede de capacitación dixital
SmartPEME, activada no seu dÃa pola Deputación de Pontevedra para
contribuÃr á transformación tecnolóxicas de empresas, autónomos
e profesionais. Segundo informou a Deputación, responsábel da rede,
a
terceira semana de novembro vén cun novo paquete de cursos
informáticos que, por mor da actual situación sanitaria,
seguirán tendo formato online. Serán, a celebrar esta
semana, cinco novas accións formativas. Inclúense contidos sobre
sobre debuxo con Onshape, WordPress, a xerarquÃa no deseño e
as redes sociais.
En
concreto, o martes haberá dúas accións: Crea unha páxina
profesional con WordPress I, a cargo de MarÃa Aller, licenciada
en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación
Corporativa, e Debuxo con Onshape, Assembly III, impartido
polo experto universitario en robótica Manuel Freire. Ao dÃa
seguinte, 18 de novembro, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos
ArtÃsticos de Deseño Gráfico, levará a cabo o obradoiro XerarquÃa
no deseño: a orde na información.
O
xoves 19 será a quenda de Crea unha páxina profesional con
WordPress II que, ao igual que a actividade do martes, tamén
será a cargo de MarÃa Aller. E, por último, o venres Mariana Rosa,
técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e
graduada en Turismo, falará sobre Redes sociais para
establecementos turÃsticos.