Skype mellora a súa integración en Android

luns, 30 de abril do 2018 Marcus Fernández

A aplicación móbil de Skype para Android está a recibir melloras na súa integración no sistema operativo promovido por Google, e unha das novidades que ten agora é que fíxose compatible coa aplicación de chamadas de Android, ou sexa, que cando empreguemos o navegador web ou outras aplicacións nas que apareza un número telefónico a xeito de ligazón, ao premer sobre o mesmo poderemos elixir entre facer a chamada telefónica correspondente a través da aplicación de chamadas do móbil ou empregar para iso a aplicación de Skype (empregando o saldo que teñamos na aplicación).

PUBLICIDADE