Skype levará a videoconferencia en alta definición aos televisores
martes, 5 de xaneiro do 2010
O servizo de videoconferencias
de Skype dá un importante salto evolutivo incorporando
alta definición a 720 liñas en progresivo e incluso saltando do PC a
televisores de LG e Panasonic, o que poderÃa contribuÃr á popularización deste
tipo de comunicación interpersoal.
Para poder facer videochamadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles a 30 cadros
por segundo é preciso que os usuarios conten con webcams de alta definición (en
febreiro e marzo a tenda en liña de Skype incorporará un par de cámaras
compatibles), un ordenador cun procesador de dobre núcleo a 1,8 GHz coma
mÃnimo, o Skype 4.2 Beta para Windows e un acceso á Rede de banda larga.
Pero o máis rechamante é que os televisores VIERA CAST de Panasonic e os de LG
que conten coa tecnoloxÃa NetCast Entertainment Access, que estarán á venda a
mediados de 2010, poderán contar cunhas webcams especialmente deseñadas para
eles que abriranlles a porta á videoconferencia de alta definición.
Cómpre destacar que dende Skype recomendan conexións de banda larga cunha
velocidade simétrica de 1 Mbps para poder gozar de vÃdeo a 720p sen
interrupcións.
Presentación das novidades que incorpora Skype