SinFiltro aterra en Afundación, na Coruña, con Touriñán e Carlos Blanco como convidados

mércores, 8 de maio do 2024 S. P.

O programa de charlas informais de innovación SinFiltro, impulsadas polo comunicador galego Marcelo Castelo e CIE Tecnoloxías, aterra na sede de AFundación da Coruña o vindeiro 5 de xuño ás 19.00 para mostrar “o lado máis humano da tecnoloxía” xunto aos actores, narradores e humoristas Touriñan e Carlos Blanco.
Previamente analizaranse os resultados do terceiro estudo exploratorio sobre o estado emocional das e dos profesionais TIC de España. Neste programa haberá unha mesa redonda moderada por Marcelo Castelo, que contará coa presenza de Carlos Gómez Rodríguez, catedrático da UDC, Jordi Parera. CIO de Teladoc Health e Eduard Martín Lineros, CIO de Mobile World Capital. O acto pechará co “faladoiro máis vándalo” xunto a Touriñán e Carlos Blanco.
Todo o recadado durante o evento será doado ao Banco de Alimentos Rías Altas
O programa recibe o respaldo do CCII (Consejo de Colegios de Ingeninería Informática), COEINF (Col·legi Oficial d’’Enginyeria Informàtica de Catalunya), CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), COIICV (Colegi Oficial de Enxeñería Informática da Comunitat Valenciana), COEIIB (Col·legi reuneix els professionals de l’’Enginyeria en Informàtica de les Illes Balears), CPITINA (Colegio Profesional de Ingeniería Técnica en Informática de Navarra), COIICLM, (Colegio Oficial de Ingenieros en Informática de Castilla La Mancha) e da UDC (Universidade da Coruña).
A venda de entradas faise a través de Ataquilla.

PUBLICIDADE