SigoJoven.com acada un acordo de colaboración co Grupo Júbilo
luns, 24 de maio do 2010
A rede
social SigoJoven.com, a primeira ferramenta en liña dirixida á Xeración 4.0
(termo acuñado para designar ás persoas maiores de 40 anos intelectualmente
activas e interesadas en compartir ocio e cultura) mailo grupo de comunicación
Júbilo, veñen de asinar un acordo de colaboración polo que este último disporá dunha canle de comunicación propia
na devandita rede social dende onde interactuar cos máis de 50.000 usuarios da
comunidade de SigoJoven.
O perfil das
persoas usuarias desta ferramenta en liña correspóndese cunha persoa de máis de
40 anos, cun nivel medio de formación, coñecedora da actualidade nacional e cun
interese por crear e manter relacións sociais na Rede.
As
actividades relacionadas coa arte (exposicións e obradoiros, entre outras)
veñen de incrementar a súa presenza en SigoJoven.com dende a súa creación a
finais de marzo de 2009 e supoñen na actualidade máis do 55 por cento do total
das actividades ofertadas.
Os concertos
e actividades musicais supoñen, por outra banda, máis do 30 por cento das
propostas incluídas en SigoJoven.com, sobre todo nas grandes cidades como
Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla, onde ao igual que no resto de España,
as persoas usuarias poden recuperar amizades que crían perdidas.
Segundo
palabras do presidente de SigoJoven.com, Luís Álvarez, quen aos 75 anos
compatibiliza o cargo co de vicepresidente de CEOMA (Confederación Española de
Mayores) e co de presidente da Asociación Grupo de Mayores de Telefónica, “é
moi apaixoante volver a ter vida propia despois da etapa de crianza dos fillos”,
e SigoJoven permite obter isto e outras moitas cousas máis.
O plan de crecemento previsto por SigoJoven.com
contempla un desenvolvemento constante que lle permita superar ao longo deste
ano 2010 a
cifra dos 100.000 usuarios.